Aos poucos imos rematando un intenso verán cheo de actividade e no que tivemos a oportunidade de participar na seguridade de algúns dos eventos máis importantes das nosas festas. Neste apartado é unha obriga destacar o lanzamento do Globo de Betanzos, no que traballamos con compañeiros de Protección Civil, Policía Local, Bombeiros e membros de Cruz Vermella de Ferrol, Compostela e, como non, Betanzos.
O Plan de Autoprotección do evento, continuando con o traballo realizado en pasadas edicións, tiña dous obxectivos principais: asegurar unha rápida intervención na zona de público e asegurar unhas mínimas condicións de seguridade na zona do lanzamento. Grazas a colaboración do Concello e dos corpos que participaron, logrouses dar pasos adiante en ambas.