Ainda pendentes de un análise profundo de todo o acontecido, a campaña de verán remata tal e como comezou, fortemente marcada pola ainda tímida aplicación da Lei de Emprendemento e, polo tanto, do Regulamento de Policía de Espectáculos públicos e Actividades recreativas.
O que se prevía un verán marcado, salvo honrosas excepcións, polos xa tradicionais incumprimentos das máis básicas normas de prevención e seguridade nos festivais, romerías ou festexos populares, viuse sacudido pola inesperada aplicación de un reducido número de concellos dos requerimentos da nova Lei de Emprendimento, aprobada en decembro do pasado ano.
A prensa comercial, pronto se fixo eco das dificuldades das Comisións de Festas para dar cumplimento ás novas esixencias e das visións apocalípticas dos que afirmaban que o modelo da festa galega estaba en serio perigo de desapación.
O certo, e xa con capacidade para analizar o conxunto da tempada, podemos afirmar que os temores das grandes casas de representación galega eran infundados. Son varios os factores que golpeian o modelo de festexo popular galego e, podemos afirmar sen temor a equivocarnos, que a tímida aplicación dos mínimos requerimentos de seguridade esixibles non provocou, polo menos como elemto central, a anulación de ninguna festa, festival ou romería.
Rematada a tempada, e á espera desa reflexión máis profunda, cumpre que é obrigado facer públicas algunas reflexións que extraímos da experiencia previa a Lei de Emprendimento na prevención en este tipo de eventos, consolidada como consecuencia da súa aplicación:
- A Lei de Emprendimento non achegaba obrigas novas aos espectáculos públicos e actividades recreativas, únicamente puxo en valor un esquecido, polo menos no referente ás festas, Regulamento de Policía de Espectáculos públicos e Actividades recreativas.
- Dito Regulamento foi aprobado fai agora 32 anos. As reaccións provocadas pola tentativa de reclamar a súa aplicación pon en evidencia o escaso percorrido da norma e, polo tanto, da cultura da prevención.
- É certo que boa parte das festas e romerías que se organizan ao longo do verán son modestas e non pasan de uns poucos centos de asistentes, mais non negaremos que o modelo de festa con orquesta se ten convertido en un auténtico fenómeno social que provoca a concentracións de público de miles de persoas, varias veces en cada semana ao longo da nosa xeografía.
- O festexo popular, a romería ou o festival, ainda os máis modestos, son eventos nos que concurren unha enorme variedade de riscos para os profesionais e o público asistente. Sabendo graduar as necesidades de cada un deles, insistimos na necesidade de evaluar riscos, propor medidas para enfrentalos e supervisar a actuación dos profesionais intervintes.
- Neste contexto no que o flagrante incumprimentos dos requisitos de seguridade incluídos en normativa consolidada recaía en Comisións e Asociacións, únicamente pertrechadas por pólizas de responsabilidade civil que se convertirían en papel mollado no caso de accidentes provocados pola non observancia dos requisitos que deberían ser obrigatorios para obter a pertinente licencia do evento.
Ainda que inistimos en que a aplicación da Lei de Emprendimento foi tímida, sen lugar a dúbidas, asistimos a un ensaio xeral do que debe ser un salto nos requerimentos de seguridade das nosas festas e festivais. Só a orientación que a administración autonómica lle dea á anunciada Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas e a vontade dos concellos por aplicar o sentido común dirá se únicamente se tratou de un espellismo ou o inicio do camino cara unas festas seguras.